Curso de ingés en Dublín.


Nuestro compañero Jose está haciendo un curso de perfeccionamiento de Inglés en Dublín.
1° día:
- Presentación de los participantes en inglés.
- Describir comidas/bebidas típicas de nuestro país, como se prepara, cuando y como se come.
- Por qué hacemos está movilidad, objetivos...
- Planificación de la semana en cuanto a visitas y excursiones a nivel particular y/o en grupo


 
2° día:
- Repaso de presente simple, exposición en el aula.
- Listening 
- Expresiones en inglés y frases hechas .
 
3º día: 
 

- Creamos Una historia en grupo, en pasado simple donde trabajamos lugares, expresiones y tuvimos que exponerlo oralmente al resto de compañeros
Exposición individual sobre las manifestaciones de agricultores y ganaderos en Irlanda.

 
4° día :
- Por la mañana, en inglés, visita al museo de la emigración (EPIC) de Dublín. 
- Comida con los compañeros en la que solo podemos hablar en inglés 
- Por la tarde actividad de baile



5º día:

Mañana clases teóricas
- presente continuo
- going to
- futuro
- diálogos, presentaciones, relatos en inglés 
Por la tarde: visitas a pub y cerveceria 


A.I and the 6c for future ready teaching,

  Día 1:

As mestras do noso cole Ana e Cristina están participando en dous cursos en Roma, dúas mobilidades Erasmus+. 
Un deles sobre “intelixencia artificial e mellora das competencias” e o outro sobre inclusión “ O arte como terapia: autoexpresión e necesidades especiáis na educación artística”.
 O primeiro día fixemos diferentes actividades para coñecerse os profesores dos diferentes países así como presentacións dos proxectos que están a levar a cabo nos colexios de cada un. 
Explicaron o horario da semana e ademáis cada profesor levou un doce típico de cada lugar.

Día 2:

O martes traballamos cun xogo de IA relacionado coa creación de imaxes. O resto da xornada abarcou como utilizar de forma eficiente "prompting strategies" para acadar o máximo rendemento das diferentes IAs. Para finalizar abordamos unha das Cs (a creatividade) e vimos exemplos de diferentes IAs enfocadas a ela.

Día 3:

A sesión do mèrcores comezou cunha actividade lúdica utilizando a  IA : Human or not? O que deu paso a afondar na competencia " critical thinking", despois de coñecer os seus fundamentos pasamos a debatir a importancia da mesma e como a través da IA podemos traballala. 

Das moitas ferramentas que nos deron a coñecer salientar: Project Zero e Book Creator to develop thinking resources.




 

 

 

 

 

 

 

Día 4:

A sesión do xoves tivo lugar na Academia de Bellas Artes da cidade de Roma.

 

 A primeira parte versou sobre o proxecto da  creación dunha nova IA e na segunda tivemos a oportunidade de visitar unha exposición dentro da academia e realizar unha actividade utilizando IA para favorecer o accesibilidade de persoas discapacitadas.



 

 







Día 5:

Derradeiro día da fomación.

 Empezamos cunha actividade de observación de fotografías, unhas creadas con intelixencia artificial e outras reais, nas que tiñamos que averiguar se eran creadas con IA. O resto da mañá adicámolo a coñecer e afondar en aplicacións de IA moi útiles para a nosa labor pedagóxica que poden enriquecer moito o noso día a día e favorecer competencias clave no noso alumnado, neste caso concreto máis relacionado coa sexta competencia "Citizenship" .

A última hora da mañá adicámola a avalición do aprendido e de como pensamos a partires de agora aplicalo na escola.

Xa pola tarde fixemos unha saída cultural ao Trastevere na que coincidimos co resto de participantes de cursos Erasmus. 

O arte como terapia:autoexpresión e necesidades especiais na educación artística.

DÍA 1 

As mestras do noso cole Ana e Cristina están participando en dous cursos en Roma, dúas mobilidades Erasmus+. 
Un deles sobre “intelixencia artificial e mellora das competencias” e o outro sobre inclusión “ O arte como terapia: autoexpresión e necesidades especiáis na educación artística”.
 O primeiro día fixeron diferentes actividades para coñecerse os profesores dos diferentes países así como presentacións dos proxectos que están a levar a cabo nos colexios de cada un. 
Explicaron o horario da semana e ademáis cada profesor levou un doce típico de cada lugar.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Día 2

 O segundo día do curso desenvolveuse na Villa Farnesina, un espazo que reforzou a conexión entre arte e benestar.
A xornada estivo centrada na atención e nos sentidos. As actividades estiveron centradas en fixar a atención, observación,  escoitar o contorno e conectar coas sensacións corporais. 
Entre as actividades realizadas, destacou unha dinámica por parellas, unha das persoas levaba un antifaz mentres a outra a guiaba coa voz describíndolle o que tiña diante para que puidese debuxar sen ver. O exercicio requiría confianza, escoita activa e comunicación clara. 

Reflexionamos sobre como estas dinámicas poden aplicarse na aula.
 





 
 
 
 
 
 
 
 

 
 
 
 
 
 


Día 3

O terceiro día as actividades tiveron lugar no Museo dei Bambini di Roma.

Na primeira parte da xornada, as propostas desenvolvéronse no exterior e estiveron relacionadas cos sentidos, o traballo en parellas e a confianza, fomentando a cooperación e a comunicación entre os participantes.

Xa no interior do museo, realizamos dous obradoiros centrados no papel e nas cores primarias, nos que puidemos experimentar e crear de maneira práctica e dinámica. Ademais, tivemos a oportunidade de probar os diferentes xogos e espazos de inspiración Montessori, gozando dunha experiencia lúdica e educativa moi enriquecedora. 
 
 

 
 
 


Día 4

As actividades realizáronse na Accademia di Belle Arti di Roma. En primeiro lugar, presentáronnos un proxecto que están a desenvolver actualmente.
 
A continuación, participamos en diferentes actividades dirixidas a persoas con discapacidade.
 
Entre elas, destacaba a posibilidade de “tocar” unha obra artística a través de figuras en relevo e diferentes texturas, unha experiencia pensada especialmente para persoas con discapacidade visual. 
Esta proposta permitía achegar a arte dun xeito máis accesible, fomentando a inclusión e a igualdade de oportunidades no ámbito cultural.
 

 
 
 
 
 

 

Día 5

O venres adicamos a primeira parte da xornada a traballar diferentes actividades nas que centrámonos nas cores como medio de relaxación na aula. A segunda parte centrouse no arte como terapia para o alumnado con necesidades educativas. Tamén  coñecimos diferentes recursos para utilizar co noso alumnado. 

Rematamos a xornada facendo unha reflexión de todo o aprendido así como unha avaliación do curso.