Día 1:
Día 2:
O martes traballamos cun xogo de IA relacionado coa creación de imaxes. O resto da xornada abarcou como utilizar de forma eficiente "prompting strategies" para acadar o máximo rendemento das diferentes IAs. Para finalizar abordamos unha das Cs (a creatividade) e vimos exemplos de diferentes IAs enfocadas a ela.Día 3:
A sesión do mèrcores comezou cunha actividade lúdica utilizando a IA : Human or not? O que deu paso a afondar na competencia " critical thinking", despois de coñecer os seus fundamentos pasamos a debatir a importancia da mesma e como a través da IA podemos traballala.
Das moitas ferramentas que nos deron a coñecer salientar: Project Zero e Book Creator to develop thinking resources.
Día 4:
A sesión do xoves tivo lugar na Academia de Bellas Artes da cidade de Roma.
A primeira parte versou sobre o proxecto da creación dunha nova IA e na segunda tivemos a oportunidade de visitar unha exposición dentro da academia e realizar unha actividade utilizando IA para favorecer o accesibilidade de persoas discapacitadas.
Día 5:
Derradeiro día da fomación.
Empezamos cunha actividade de observación de fotografías, unhas creadas con intelixencia artificial e outras reais, nas que tiñamos que averiguar se eran creadas con IA. O resto da mañá adicámolo a coñecer e afondar en aplicacións de IA moi útiles para a nosa labor pedagóxica que poden enriquecer moito o noso día a día e favorecer competencias clave no noso alumnado, neste caso concreto máis relacionado coa sexta competencia "Citizenship" .
A última hora da mañá adicámola a avalición do aprendido e de como pensamos a partires de agora aplicalo na escola.
Xa pola tarde fixemos unha saída cultural ao Trastevere na que coincidimos co resto de participantes de cursos Erasmus.




