Educación inclusiva

 Educación inclusiva

O mestre Carlos está en Florencia facendo un curso de Educación Inclusiva.

Día 1

Fixemos unha introdución coas principais visitas culturais que podemos facer en Florencia: Galleria Uffizi, Duomo, Palazzo Vecchio, Palacio Pitti e xardíns de Bóboli, Galería da Academia...
Tamén nos falaron das especialidades gastronómicas típicas de Florencia e algunhas "osterias e trattorias" recomendabeis. Xa entrando en materia falouse das emocións como aspecto fundamental no proceso de ensino-aprendizaxe.


Día 2:

Posta en común das distintas problemáticas para a inclusión: diferencias culturais e de idioma, experiencias traumáticas, problemas de aprendizaxe, discapacidade... Debatemos sobre a diferenza entre Inclusión & Integración, chegando á conclusión de que debemos cambiar o sistema (estratexias, métodos e contidos) para incluír ó alumn@. Sempre dende a perspectiva do DUA.
Despois fixemos unha actividade grupal partindo da experiencia propia basada nas emocións que nos suscitou Florencia, reflectida nun mural con recortes de revistas e ideas forza a transmitir. Ademais cada día @s compañeir@s expoñen unha presentación audiovisual sobre os seus centros. Mañá máis!!

 

 





Dia3 :

Hoxe traballamos con estratexias de aprendizaxe visual, e para elo desprazámonos ó museo Novecento, onde utilizamos a exposición temporal de Georg Baselitz para poñer en práctica 5 técnicas de aprendizaxe visual sobre 5 obras distintas deste autor. Mañá faremos posta en común na academia.


 

 

 

 

Día 4: 

 

Hoxe fixemos a posta en común da actividade de pensamento visual, realizadas sobre obras de Baselitz que están expostas no Museo Novecento. Deixamos voar a imaxinación, non hai respostas equivocadas, todas son válidas e aportan interpretacións distintas. 
Despois practicamos algunha dinámica para reactivar a atención a media mañá (JA, JO, JU e DESCONTAR DENDE 7).
Por último practicamos técnicas para abordar contidos adaptándose a 3 niveis distintos: Jigshaw, Tink pair, Cubing e Táboa de opcións.
Hoxe toca comida en grupo; está media Europa representada neste curso: Polonia, Chequia, Serbia, Portugal e España.

DÍA 5
 
 
Seguimos aprendendo e crecendo en Florencia dentro do proxecto de mobilidade Erasmus+ no que participa o noso centro. 
 
Estes días foron unhas xornadas especialmente enriquecedoras, marcadas polo intercambio de experiencias internacionais coa presentación de centros educativos de Polonia, Serbia, República Checa, Portugal e España. Un espazo de diálogo que nos permite ampliar perspectivas e reforzar a dimensión europea do noso centro. 
 
Ademais, traballamos a estratexia VTS (Visual Thinking Strategies), levándoa á práctica con exemplos reais na aula. Unha metodoloxía que fomenta o pensamento crítico, a observación e a expresión oral do alumnado, en liña cos enfoques pedagóxicos actuais. 
 
Seguimos sumando experiencias que, sen dúbida, repercutirán na mellora da nosa práctica docente 💙🇪🇺 








Curso de ingés en Dublín.


El maestro Jose está haciendo un curso de perfeccionamiento de Inglés en Dublín.
1° día:
- Presentación de los participantes en inglés.
- Describir comidas/bebidas típicas de nuestro país, como se prepara, cuando y como se come.
- Por qué hacemos está movilidad, objetivos...
- Planificación de la semana en cuanto a visitas y excursiones a nivel particular y/o en grupo


 
2° día:
- Repaso de presente simple, exposición en el aula.
- Listening 
- Expresiones en inglés y frases hechas .
 
3º día: 
 

- Creamos Una historia en grupo, en pasado simple donde trabajamos lugares, expresiones y tuvimos que exponerlo oralmente al resto de compañeros
Exposición individual sobre las manifestaciones de agricultores y ganaderos en Irlanda.

 
4° día :
- Por la mañana, en inglés, visita al museo de la emigración (EPIC) de Dublín. 
- Comida con los compañeros en la que solo podemos hablar en inglés 
- Por la tarde actividad de baile



5º día:

Mañana clases teóricas
- presente continuo
- going to
- futuro
- diálogos, presentaciones, relatos en inglés 
Por la tarde: visitas a pub y cerveceria 


A.I and the 6c for future ready teaching,

  Día 1:

As mestras do noso cole Ana e Cristina están participando en dous cursos en Roma, dúas mobilidades Erasmus+. 
Un deles sobre “intelixencia artificial e mellora das competencias” e o outro sobre inclusión “ O arte como terapia: autoexpresión e necesidades especiáis na educación artística”.
 O primeiro día fixemos diferentes actividades para coñecerse os profesores dos diferentes países así como presentacións dos proxectos que están a levar a cabo nos colexios de cada un. 
Explicaron o horario da semana e ademáis cada profesor levou un doce típico de cada lugar.

Día 2:

O martes traballamos cun xogo de IA relacionado coa creación de imaxes. O resto da xornada abarcou como utilizar de forma eficiente "prompting strategies" para acadar o máximo rendemento das diferentes IAs. Para finalizar abordamos unha das Cs (a creatividade) e vimos exemplos de diferentes IAs enfocadas a ela.

Día 3:

A sesión do mèrcores comezou cunha actividade lúdica utilizando a  IA : Human or not? O que deu paso a afondar na competencia " critical thinking", despois de coñecer os seus fundamentos pasamos a debatir a importancia da mesma e como a través da IA podemos traballala. 

Das moitas ferramentas que nos deron a coñecer salientar: Project Zero e Book Creator to develop thinking resources.




 

 

 

 

 

 

 

Día 4:

A sesión do xoves tivo lugar na Academia de Bellas Artes da cidade de Roma.

 

 A primeira parte versou sobre o proxecto da  creación dunha nova IA e na segunda tivemos a oportunidade de visitar unha exposición dentro da academia e realizar unha actividade utilizando IA para favorecer o accesibilidade de persoas discapacitadas.



 

 







Día 5:

Derradeiro día da fomación.

 Empezamos cunha actividade de observación de fotografías, unhas creadas con intelixencia artificial e outras reais, nas que tiñamos que averiguar se eran creadas con IA. O resto da mañá adicámolo a coñecer e afondar en aplicacións de IA moi útiles para a nosa labor pedagóxica que poden enriquecer moito o noso día a día e favorecer competencias clave no noso alumnado, neste caso concreto máis relacionado coa sexta competencia "Citizenship" .

A última hora da mañá adicámola a avalición do aprendido e de como pensamos a partires de agora aplicalo na escola.

Xa pola tarde fixemos unha saída cultural ao Trastevere na que coincidimos co resto de participantes de cursos Erasmus.