A.I and the 6c for future ready teaching,

  Día 1:

As mestras do noso cole Ana e Cristina están participando en dous cursos en Roma, dúas mobilidades Erasmus+. 
Un deles sobre “intelixencia artificial e mellora das competencias” e o outro sobre inclusión “ O arte como terapia: autoexpresión e necesidades especiáis na educación artística”.
 O primeiro día fixemos diferentes actividades para coñecerse os profesores dos diferentes países así como presentacións dos proxectos que están a levar a cabo nos colexios de cada un. 
Explicaron o horario da semana e ademáis cada profesor levou un doce típico de cada lugar.

Día 2:

O martes traballamos cun xogo de IA relacionado coa creación de imaxes. O resto da xornada abarcou como utilizar de forma eficiente "prompting strategies" para acadar o máximo rendemento das diferentes IAs. Para finalizar abordamos unha das Cs (a creatividade) e vimos exemplos de diferentes IAs enfocadas a ela.

Día 3:


A sesión do mèrcores comezou cunha actividade lúdica utilizando a  IA : Human or not? O que deu paso a afondar na competencia " critical thinking", despois de coñecer os seus fundamentos pasamos a debatir a importancia da mesma e como a través da IA podemos traballala. 

Das moitas ferramentas que nos deron a coñecer salientar: Project Zero e Book Creator to develop thinking resources.


 

 

 

 

 

 

 

Día 4:


A sesión do xoves tivo lugar na Academia de Bellas Artes da cidade de Roma.

 

 A primeira parte versou sobre o proxecto da  creación dunha nova IA e na segunda tivemos a oportunidade de visitar unha exposición dentro da academia e realizar unha actividade utilizando IA para favorecer o accesibilidade de persoas discapacitadas.

 

 







Día 5:

Derradeiro día da fomación.

 Empezamos cunha actividade de observación de fotografías, unhas creadas con intelixencia artificial e outras reais, nas que tiñamos que averiguar se eran creadas con IA. O resto da mañá adicámolo a coñecer e afondar en aplicacións de IA moi útiles para a nosa labor pedagóxica que poden enriquecer moito o noso día a día e favorecer competencias clave no noso alumnado, neste caso concreto máis relacionado coa sexta competencia "Citizenship" .

A última hora da mañá adicámola a avalición do aprendido e de como pensamos a partires de agora aplicalo na escola.

Xa pola tarde fixemos unha saída cultural ao Trastevere na que coincidimos co resto de participantes de cursos Erasmus.