Educación inclusiva
O mestre Carlos está en Florencia facendo un curso de Educación Inclusiva.
Día 1
Fixemos unha introdución coas principais visitas culturais que podemos facer en Florencia: Galleria Uffizi, Duomo, Palazzo Vecchio, Palacio Pitti e xardíns de Bóboli, Galería da Academia...
Tamén nos falaron das especialidades gastronómicas típicas de Florencia e algunhas "osterias e trattorias" recomendabeis. Xa entrando en materia falouse das emocións como aspecto fundamental no proceso de ensino-aprendizaxe.
Día 2:
Posta en común das distintas problemáticas para a inclusión: diferencias culturais e de idioma, experiencias traumáticas, problemas de aprendizaxe, discapacidade... Debatemos sobre a diferenza entre Inclusión & Integración, chegando á conclusión de que debemos cambiar o sistema (estratexias, métodos e contidos) para incluír ó alumn@. Sempre dende a perspectiva do DUA.Despois fixemos unha actividade grupal partindo da experiencia propia basada nas emocións que nos suscitou Florencia, reflectida nun mural con recortes de revistas e ideas forza a transmitir. Ademais cada día @s compañeir@s expoñen unha presentación audiovisual sobre os seus centros. Mañá máis!!
Dia3 :
Hoxe traballamos con estratexias de aprendizaxe visual, e para elo desprazámonos ó museo Novecento, onde utilizamos a exposición temporal de Georg Baselitz para poñer en práctica 5 técnicas de aprendizaxe visual sobre 5 obras distintas deste autor. Mañá faremos posta en común na academia.
Día 4:
Hoxe fixemos a posta en común da actividade de pensamento visual, realizadas sobre obras de Baselitz que están expostas no Museo Novecento. Deixamos voar a imaxinación, non hai respostas equivocadas, todas son válidas e aportan interpretacións distintas.
Despois practicamos algunha dinámica para reactivar a atención a media mañá (JA, JO, JU e DESCONTAR DENDE 7).
Por último practicamos técnicas para abordar contidos adaptándose a 3 niveis distintos: Jigshaw, Tink pair, Cubing e Táboa de opcións.
Hoxe toca comida en grupo; está media Europa representada neste curso: Polonia, Chequia, Serbia, Portugal e España.
DÍA 5
Seguimos aprendendo e crecendo en Florencia dentro do proxecto de mobilidade Erasmus+ no que participa o noso centro.
Estes días foron unhas xornadas especialmente enriquecedoras, marcadas polo intercambio de experiencias internacionais coa presentación de centros educativos de Polonia, Serbia, República Checa, Portugal e España. Un espazo de diálogo que nos permite ampliar perspectivas e reforzar a dimensión europea do noso centro.
Ademais, traballamos a estratexia VTS (Visual Thinking Strategies), levándoa á práctica con exemplos reais na aula. Unha metodoloxía que fomenta o pensamento crítico, a observación e a expresión oral do alumnado, en liña cos enfoques pedagóxicos actuais.
Seguimos sumando experiencias que, sen dúbida, repercutirán na mellora da nosa práctica docente 💙🇪🇺













