O arte como terapia:autoexpresión e necesidades especiais na educación artística.

DÍA 1 

As mestras do noso cole Ana e Cristina están participando en dous cursos en Roma, dúas mobilidades Erasmus+. 
Un deles sobre “intelixencia artificial e mellora das competencias” e o outro sobre inclusión “ O arte como terapia: autoexpresión e necesidades especiáis na educación artística”.
 O primeiro día fixeron diferentes actividades para coñecerse os profesores dos diferentes países así como presentacións dos proxectos que están a levar a cabo nos colexios de cada un. 
Explicaron o horario da semana e ademáis cada profesor levou un doce típico de cada lugar.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Día 2

 O segundo día do curso desenvolveuse na Villa Farnesina, un espazo inspirador que reforzou a conexión entre arte e benestar.A xornada estivo centrada na atención e nos sentidos. As actividades estiveron centradas en fixar a atención, observación,  escoitar o contorno e conectar coas sensacións corporais. Entre as actividades realizadas, destacou unha dinámica por parellas: unha das persoas levaba un antifaz mentres a outra a guiaba coa voz, describíndolle o que tiña diante para que puidese debuxar sen ver. O exercicio requiría confianza, escoita activa e comunicación clara. Reflexionamos sobre como estas dinámicas poden aplicarse na aula.
 Foi un día dedicado a experimentar a arte como contido e ferramenta terapéutica e  inclusiva.





 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Día 3

O terceiro día as actividades tiveron lugar no Museo dei Bambini di Roma.

Na primeira parte da xornada, as propostas desenvolvéronse no exterior e estiveron relacionadas cos sentidos, o traballo en parellas e a confianza, fomentando a cooperación e a comunicación entre os participantes.
Xa no interior do museo, realizamos dous obradoiros centrados no papel e nas cores primarias, nos que puidemos experimentar e crear de maneira práctica e dinámica. Ademais, tivemos a oportunidade de probar os diferentes xogos e espazos de inspiración Montessori, gozando dunha experiencia lúdica e educativa moi enriquecedora. 
 
 

 
 
 
Día 4

As actividades realizáronse na Accademia di Belle Arti di Roma. En primeiro lugar, presentáronnos un proxecto que están a desenvolver actualmente.
 
A continuación, participamos en diferentes actividades dirixidas a persoas con discapacidade.
 
Entre elas, destacaba a posibilidade de “tocar” unha obra artística a través de figuras en relevo e diferentes texturas, unha experiencia pensada especialmente para persoas con discapacidade visual. Esta proposta permitía achegar a arte dun xeito máis accesible, fomentando a inclusión e a igualdade de oportunidades no ámbito cultural.

 

 
 
 
 
 

 
Día 5
O venres adicamos a primeira parte da xornada a traballar diferentes actividades nas que centrámonos nas cores como medio de relaxación na aula. A segunda parte centrouse no arte como terapia para o alumnado con necesidades educativas. Tamén  coñecimos
diferentes recursos para utilizar co noso alumnado. 
Rematamos a xornada facendo unha reflexión de todo o aprendido así como unha avaliación do curso.